Ecos da Comarca/Xeral
O 112 Galicia rexistrou 11 incidencias relacionadas co xeo e a neve na comunidade, entre elas en Rodeiro e Toques. Ningunha delas supuxo danos persoais e todas estiveron relacionadas coa circulación nas estradas nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo.
Así, desde a medianoite e ata as 8 horas desta mañá o 112 Galicia contabilizou incidentes pola presenza de xeo nos municipios pontevedreses de Gondomar, A Cañiza e Pontevedra. A neve, por outra banda, afectou a diferentes vías de comunicación de Pazos de Borbén e Rodeiro.
Publicidade
En Lugo, as chamadas chegaron ao 112 Galicia desde Ribeira de Piquín e Baleira, mentres que na provincia da Coruña rexistrouse unha incidencia por neve na estrada en Toques.
As comunicacións foron sobre todo de particulares que non podían continuar circulando, como ocorreu pasadas as 4:30 horas na LU-751, en Ribeira de Piquín.
Publicidade
O caso máis destacado tivo lugar na Pobra de Trives: dez minutos máis tarde das 23 horas, unha condutora chamou ao 112 Galicia indicando que eran incapaces de avanzar pola OU-0704, nas proximidades da estación de Manzaneda.
Desde o 112 Galicia informouse ao GES de Castro Caldelas e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra de Trives, que trasladaron ás persoas ao seu destino sen maiores dificultades. Tras rematar o seu operativo engadiron que tiveron que realizar tres rescates máis pola zona.
コメント