Ecos da Comarca/Xeral
O 112 Galicia rexistra un total de 874 incidencias relacionadas co temporal. Nestas últimas horas os efectos da meteoroloxía adversa foron notables, aínda que non houbo que lamentar grandes danos a causa das inclemencias do tempo.

A provincia máis afectada foi a da Coruña con case 500 incidencias rexistradas nestes días, seguida da de Pontevedra, con máis de 250. Pola súa parte, os concellos máis afectados foron os da Coruña e o de Vigo, con 76 e 63 avisos respectivamente, seguidos de Carballo (35), Santiago de Compostela (32) e Vilagarcía de Arousa (23).
Os sucesos máis reportados foron por árbores ou pólas en estradas, con case 300 avisos. Os equipos de emerxencia tiveron que intervir en 200 ocasións para previr riscos, mentres que se contabilizaron un total de 35 derrubamentos.
Publicidade
Nesta noite, cómpre destacar unha incidencia que tivo lugar en Cerdedo-Cotobade, onde un particular contactou co 112 Galicia para avisar dunha árbore que tirara uns cables e aterrara sobre un coche, afortunadamente sen causar danos persoais. Pola súa parte, os avisos por alagamentos foron reiterados: en Sada, un garaxe viuse inundado pola auga, o mesmo que ocorreu nunha casa en Betanzos ao desbordarse un río preto da vivenda. Mentres, en Ourense e en Carral tamén se recibiron avisos por estradas anegadas, aínda que sen maiores incidencias.
Kommentare