O 112 Galicia contabiliza máis de 250 incidencias xestionadas por meteoroloxía adversa
- ecosdacomarca

- hace 47 minutos
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O 112 Galicia contabiliza máis de 250 incidencias xestionadas por meteoroloxía adversa
Desde a medianoite, o 112 Galicia rexistrou 264 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa.

É certo que a neve empeza a deixar novas xestións na sala de operacións do 112 Galicia, con 17 casos contabilizados. Ademais, nas últimas horas chegaron varios avisos de particulares por vehículos parados debido á neve ou o xeo en vías como a A-52 (Cualedro); a OU-540, en Bande; a OU-533, na Gudiña, e noutras vías secundarias de Vilar de Barrio, Laza, A Pobra de Trives, Montederramo ou As Nogais.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Nun dos avisos máis recentes, recibido desde Parada de Ribeira (Xinzo de Limia) contra as 12:40 horas, un particular explicou que unha vintena de coches permanecían parados pola neve á altura do quilómetro 3 da OU-1112. Desde o 112 Galicia informouse á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos servizos de mantemento.
Como vén ocorrendo durante o día de hoxe, dende o 112 destacan sobre todo a presenza de árbores nas estradas (132), os restos de accidentes e outros obxectos, como contedores (32), as actuacións dos servizos de emerxencias no eido da prevención de risco (24). Iso si, comezan a aumentar os casos relacionados coa neve (17) e o xeo nas estradas (7).
Publicidade
En canto ás provincias, Pontevedra é a máis afectada, con 116 emerxencias xestionadas, seguida da Coruña (101), Ourense (26) e Lugo (19). En Pontevedra, Vigo acumulou 19 casos e Pontevedra, 16. Bueu, Redondela ou Silleda sumaron 5. Na provincia da Coruña, Ferrol rexistrou 9 incidencias; Narón, 7; Boiro, 5, e A Coruña, 4. En Lugo destacan Castro de Rei e Mondoñedo, con 2 incidencias. Finalmente, en Ourense, Ribadavia rexistrou 7 e Laza, 4.
Publicidade
Non obstante, convén extremar as precaucións: continúan activas alertas de nivel laranxa e amarelo por neve en diferentes zonas. No mar, permanece vixente unha alerta vermella que afecta ao litoral da Coruña e de Pontevedra. A costa de Lugo mantense en nivel laranxa. Por último, os ríos Umia (Cuntis), Río Grande (Vimianzo) e Lérez (Pontevedra) están en seguimento polas posibles subidas de caudal. Deste xeito, continúa activo o Plan Especial ante o risco de inundacións en Galicia (INUNGAL).








Comentarios