top of page

Nova protesta diante da oficina de Correos de Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

O pasado martes tivo lugar unha nova protesta diante da oficina de Correos da rúa B en Lalín. "A empresa, lonxe de poñer solución a este conflito laboral que xa se prolonga durante máis de ano e medio, só se centra en presionar cada vez máis ás poucas carteiras e carteiros que quedan en activo con "leads" (captación de clientes) para unha empresa privada", sinalan os profesionais afectados.

ree

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pretenden, apuntan, "que se realice un traballo de comercial cando non están formados para esta tarefa nin teñen a obriga de realizala.  Resulta incluso ofensivo, que ante a falta de persoal e o pésimo servizo que se está a ofrecer ós veciños da comarca de Deza, Correos faga esta pésima xestión dos seus recursos".


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así mesmo, indican que actualmente, o reparto da correspondencia dos concellos de Agolada, Rodeiro, Dozón e Lalín "está composto por tan só 14 dos 23 carteiros que deberían estar en plantilla para recorrer a diario máis de 700 km cadrados de territorio".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page