top of page

Nova concentración de Correos en Lalín debido á precaria situación laboral

Ecos da Comarca/Lalín

Os carteiros de Lalín, co apoio da Confederación Intersindical Galega (CIG), convocaron onte, martes 3 de setembro, unha nova concentración en protesta pola inacción de Correos ante a precaria situación laboral na que seguen sumidos. 

As protestas, comezadas no mes de xaneiro, seguen motivadas pola intención da empresa pública de suprimir catro prazas estruturais que levan sen cobertura desde outubro de 2023. Neste punto, tras uns meses de verán nos que os carteiros vén aumentada aínda máis a súa carga de traballo pola falta de cobertura de vacacións e baixas, retómanse as protestas aproveitando a grande afluencia de xente no día de hoxe debido á feira. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Nunha das últimas concentracións, os carteiros queimaron nun acto simbólico a proposta de reestruturación que pretende implantar Correos en contra da súa vontade e que suporía a eliminación definitiva das prazas e a cronificación da situación. Porén, manifestan a súa determinación de continuar coas protestas para mellorar de xeito efectivo as súas condicións laborais e que os veciño de Lalín, Rodeiro, Agolada e Dozón deixen de sufrir as consecuencias da precarización do servizo postal público. 


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Mostra tamén das eivas na xestión de Correos é a paralización do concurso de traslados, tras case un ano sen efectuarse, incumprindo así o estipulado no convenio, ao que se suma o continuado desleixamento da empresa por atender as solicitudes de conciliación dos seus empregados.


ECOS DA COMARCA estivemos alí en xuño:





Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page