Nova Alternativa propón adecuar as antigas casas dos mestres e trasladar aquí a biblioteca
- ecosdacomarca

- 11 may 2023
- 2 Min. de lectura
A formación cruceña tamén plantexa a creación dun centro de día aproveitando o espazo existente nos baixos do centro de saúde
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
A Agrupación cruceña de Nova Alternativa anuncia que estudará a reordenación dos usos dos edificios municipais co fin de dotar aos mesmo dunha nova vida útil funcional. Os cruceños afirman que fan esta proposta dende o sentido común e a responsabilidade e tendo en conta dúas premisas fundamentais, por un lado, mellorar os servizos para os veciños, e en segundo lugar non poñer en risco a saúde financeira do Concello.

Neste marco, Nova Alterativa propón adecuar as antigas casas dos mestres para trasladar ás mesmas a biblioteca e a sala multimedia co fin de mellorar as súas prestacións para os usuarios tanto no eido da mellora infraestrutural como no referente ao equipamento, dotándoas de maior modernidade. "Este cambio proponse xa que se advirte a necesidade entre os mais xóvenes, principalmente os estudantes, de contar cun espazo apto para o estudo e para os traballos escolares e igualmente ofrecer a prestación dunha sala onde a veciñanza poida empregar a sala multimedia para a realización de videoconferencias, acudir a conferencias online, etc…tamén se destaca que esta nova ubicación sería máis lóxica e beneficiosa para o usuarios xa que se atopa máis preto dos colexios".
"A mellor localización"
A agrupación cruceña propón baixo ese marco a creación dun centro de día aproveitando o espazo existente nos baixos do centro de saúde. Creen que esta é a mellor localización para o mesmo, tendo en conta a dispoñibilidade de estacionamento das zonas para as familias, ou da posibilidade de adecuar espazos verde nos exteriores, e sobre todo valorando o feito de ter a man a asistencia sanitaria, tan necesaria para os usuarios.
Xa por último, Nova Alternativa indica que "estas son unhas propostas meditadas e
cuxo coste poderían asumirse sen problema dende o Concello, e mais, si se fose posible catar fondos europeos específicos para este tipo de recuperación de infraestruturas
existentes". Así mesmo, fai unha petición as outras opcións na contenda política na liña de que "sexan comedidos na súas propostas que as mesmas sexan plantexadas dende o
sentido común e non supoñan no futuro un condicionante para a saúde financeira do
Concello".







Comentarios