Nova Alternativa de Cruces plantexa medidas para mellorar os servizos para maiores e dependentes
- ecosdacomarca
- 5 may 2023
- 2 Min. de lectura
Entre as propostas figuran a implantación de casas do maior e o aumento de horas de SAF conveniadas coa Xunta
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
A Agrupación de electores Nova Alternativa de Vila de Cruces anunciaque entre as súas prioridades á hora de atender as necesidades dos veciños, atópanse sen ningunha dúbida o feito de mellorar os servizos á poboación maior e aos dependentes.

Nova Alternativa entende que o Concello ten que centrarse en facer todo o que sexa posible para mellorar as prestacións e a capacidade de asistencia a estes colectivos, xa que, isto redundará nunha mellor calidade de vida deles e tamén das súas familias, e supón un xeito de mellorar tamén as políticas de conciliación.
Dende a agrupación cruceña propoñen así que, entre as súas propostas de chegaren a ter responsabilidades de goberno, está o de plantexar medidas de dinamización para a implantación de casas do maior por parte da Xunta da Galicia, xerando un plan de captación, asesoramento e acompañamento a iniciativas privadas que traballen para ofrecer dito servizo, “isto non solo suporá unha mellora na asistencia aos noso maiores, que nestas Casa do maior teñen un entorno agradable similar ao do seu fogar, onde poderán obter os mellores coidados, senón que tamén pode supoñer unha boa opción laboral para xente que está no paro e pode ver unha saída de empregabilidade na posta en marcha dunha destas casas”.
Neste mesmo eido, Nova Alternativa valora os datos actuais da xestión do SAF en Vila de Cruces, "onde neste intre se están investindo da orde 420.000 euros dos cales a Xunta pon arredor 295.000 e os usuarios preto de 52.000 euros, orzamento que non é suficiente para atender a unha lista de espera que ten máis de medio centenar de dependentes sen asignación de horas, entre os cales se topan máis de 10 en condición de grao 3, aqueles que teñen o máximo nivel de dependencia, e preto de 30 en grao 2 os seguintes en nivel de dependencia e tamén nun grao elevado".
O grupo de traballo de Nova Alternativa plantexa que nada máis pasar as eleccións do 28 de maio, se deben de iniciar os contactos coa Consellería de Política Social para mellorar o Convenio de xestión do SAF, e conseguir que a Xunta de Galicia dote de máis horas ao Concello cruceño, "xa que, non se pode permitir que cando menos os dependentes de grao 3 estean sen asistencia no fogar. Sabemos que o Concello tamén terá que aumentar a súa dotación orzamentaria neste eido, pero creemos que isto é un investimento necesario e xusto, e creemos que debemos centrar os esforzos en conseguir que a Xunta se involucre máis cos nosos dependentes”.
Comments