top of page

Nova Alternativa de Cruces pon acento na necesidade dos veciños de ter propostas serias e factibles


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A agrupación de electores Nova Alternativa de Vila de Cruces comezou coa tradicional pegada de carteis na súa primeira campaña electoral en Vila de Cruces.


O equipo de traballo da agrupación cruceña encara estes días "dende a ilusión dun equipo que se atopa unido e motivado para facer chegar aos veciños as súas propostas, cuxo único obxectivo son mellorar o noso concello en tódolos eidos, principalmente na dotación de servizos ás persoas”.

Nova Alternativa anuncia unha campaña feita dende o respecto ás outras formacións e

candidatos, e feita en positivo, xa que, “nos últimos anos o que viñemos vendo é que os

veciños xa están fartos de loitas estériles sen que isto supoña ningunha actuación que favoreza o desenvolvemento do noso Concello”, afirma o candidato á Alcaldía Manuel Souto.


“Este grupo de traballo está concienciado de que hai que aproveitar esta campaña para chegar á veciñanza e explicarlle que o sentido común, a transparencia e o avance sostible é o camiño que nos propoñemos seguir para conseguir un Concello onde se recupere o dinamismo, e tamén as formas que vimos vendo ultimamente que, as veces se viñeron perdendo. Temos, e queremos ser útiles aos veciños. Ese é o noso principal obxectivo, e para elo queremos que vexan que temos propostas serias e non facemos castelos no aire”.


Posta en marcha do “Alternativa Móbil”

A agrupación cruceña ven de presentar e de poñer en marcha o “Alternativa Móbil”, unha

fórmula para facer chegar a súa mensaxe aos veciños unha vez o reparto de farois da Xunta electoral os deixou apenas sen espazo para banderolas, ao corresponderlle tan solo 2 en todo o pobo.

O Alternativa Móbil descorrerá ao longo da campaña polas diferentes rúas e parroquias

cruceñas, “ata podemos crear un divertido xogos aos nosos veciños e que cada día descubran onde se atopa”, afirman dende a agrupación



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page