No ciclo As Mañás en Nugallás do 22 de agosto construirase un hotel para insectos!
- Laura Moure

- hace 4 días
- 2 min de lectura
Xa está aberto o prazo de inscrición para o obradoiro
Laura Moure/Antas de Ulla
E ti construiches algunha vez un hotel? E un hotel para insectos?! Pois poderalo facer este sábado 22 de agosto no ciclo cultural As Mañás en Nugallás. É unha idea orixinal de Tarabela Creativa que ten lugar todos os sábados pola mañá de xullo e agosto no Centro Xeográfico de Galicia, en Nugallás, en Antas de Ulla. Cada xornada achega a asistentes de diferentes municipios das comarcas para desfrutar en familia dun obradoiro, no que é necesario anotarse previamente, e dun espectáculo a partir das 12:30 horas, que é aberto ao público en xeral.
O pasado sábado o obradoiro estivo pensado para os máis maiores. "Foi un auténtico luxo aprender da man de Santiago Besteiro, referente galego na artesanía con coiro, a facer un tarxeteiro. Ademais da marabilla de descubrir a través da súa sabedoría algunhas das claves dun oficio que atravesa xeracións. Os resultados foron xeniais! Van acó algunhas fotos!", sinala Tarabela Creativa.

PUBLICIDADE
E como xa vos adiantamos, este vindeiro sábado os participantes construirán un hotel para insectos a través dun obradoiro de Xesta Brava S.Coop Galega que leva por nome Bechoconstrución. Os interesados en asistir deben anotarse previamente a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/PrS3oXZRtD7NBwrc9
PUBLICIDADE
En canto ao espectáculo o 15 de agosto foi a cargo de Fran Rei. "Fran Rei, de Culturactiva S. Coop. Galega, enfrontouse a ventos de forza tres a catro e máis a todas as isobaras xuntas, que tiveron xuntanza no Centro Xeográfico de Galicia xusto cadrando coa función!
E pese ao vento, el e Xonxa ofrecéronnos unha versión ben fermosa do conto do frautista (Claro! A frauta, ao fin e ao cabo, é un instrumento de vento! Era por iso!) Hamelin estivo no templete do Parque Central de Galicia e todas as persoas alí presentes gozamos dunha historia das que deixan pouso, divertida e ademais de moita maxia", sinala a organización.

PUBLICIDADE
E este sábado a partir das 12:30 horas os asistentes poderán desfrutar da actuación de Dani García con Don Gelati.










Comentarios