top of page

Nace en Rodeiro a 1º Xornada sobre a migración que terá lugar o 6 de setembro

Laura Moure/Rodeiro

Nace en Rodeiro a 1º Xornada sobre a migración en Rodeiro que leva por títualo Raíces e Horizontes. Dita iniciativa está impulsada pola tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura. "Unha xornada que une o social, o cultural e o gastronómico". En palabras de Alberte Lamazares e Xulia Dacal expoñen que o obxectivo "é escoitar e poñer en valor a riqueza que para Rodeiro significaron tanto a emigración pasada como a inmigración presente". Será o 6 de setembro no Parque do Lago.

ree

Programa da xornada

1ª parte – Dinámica participativa

As persoas asistentes participarán nunha dinámica de reflexión colectiva para compartir visións e experiencias arredor da emigración e da inmigración.

2ª parte – Mesa redonda de experiencias persoais

Contará con dous emigrantes de Rodeiro (un que marchou no seu momento a Latinoamérica e outro a Europa), así como con persoas inmigrantes chegadas dende Centroáfrica, Marrocos, Latinoamérica e Oriente Medio.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Nesta conversa reflexionaremos sobre que motivou a migración onte e hoxe; como foi a chegada e a integración nos diferentes países; as dificultades atopadas e as semellanzas/diferenzas coas persoas que chegan agora ao noso concello. O obxectivo é abrir a mente e demostrar que as diferenzas entre emigrantes e inmigrantes son menores do que ás veces pensamos".


3ª parte – Mesa redonda técnica

Un espazo de análise e debate con profesionais sobre:

  •  O respecto polas persoas, veñan de onde veñan.

  •  O aporte da inmigración en termos económicos, culturais e demográficos.

  • Os factores que motivan os procesos migratorios e a nosa responsabilidade colectiva fronte a eles.

4ª parte – Peche cultural e gastronómico

Degustación de produtos típicos de diferentes países (Nigeria, Marrocos, Sahara, Colombia, etc.) acompañada dun concerto para celebrar a diversidade e rematar a xornada compartindo festa, música e gastronomía.

ree

"Para finalizar, consideramos importante esta xornada en favor das persoas “daquí e dala”, por varias razóns de fondo social, educativa e política:

1. Sensibilización e educación social

 Moitas veces o racismo e a xenofobia nacen da desinformación. É necesario transladar datos reais e desmontar falsos mitos sobre inmigración. Axudar a crear empatía: coñecer historias de vida cambia a mirada.

2. Visibilización positiva

 Nesta xornada mostraremos as aportacións positivas: traballo, cultura, innovación, solidariedade. Reforzaremos a idea de que a diversidade é unha riqueza, non unha

ameaza.

3. Defensa de dereitos humanos

As persoasque emigraron e as inmigrantes son suxeitos de dereitos, e non sempre se respectan. A igualdade de dereitos é un principio básico nunha sociedade

democrática.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

4. Creación de convivencia

 Este será un espazo de encontro entre persoas de distintas orixes. Fomentaremos o diálogo intercultural, reducindo prexuízos e fortalecendo a cohesión social.

5. Fortalecemento comunitario

 Ao poñer en valor a diversidade, a comunidade faise máis aberta, solidaria e resiliente fronte aos discursos de odio.


En resumo: esta xornada sera unha ferramenta para educar, integrar e respectar, construíndo unha sociedade máis xusta e inclusiva, e sempre a carón da música e da comida".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page