top of page

Máis de 100 persoas arroupan aos gañadores do concurso da Asociación Feiral Semana Verde

12 jun
3 min de lectura

Este certame trata sobre as feiras tradicionais de Galicia


Laura Moure/Silleda

Os dous estudantes do instituto Terra do Xallas de Santa Comba e a alumna do CPI de Folgoso do Courel gañadores da segunda edición do concurso literario ‘As Feiras Tradicionais Galegas’, convocado pola Asociación Feiral Semana Verde, recolleron o pasado venres os seus galardóns, nun acto que reuníu a máis dun cento de persoas do mundo sociocultural e educativo, así como a representantes institucionais.

Coincidindo coa segunda xornada da 48ª Feira Abanca Semana Verde de Galicia, a

Asociación organizou o evento nas instalacións do Museo do Campo e da Mecanización. Nel déronse cita máis de cincuenta rapaces e rapazas do citado centro santacombés que, xunto cunha representación do profesorado e o técnico de Turismo do Concello coruñés, acompañaron aos dous rapaces que recolleron os seus galardóns. Luca Manuel Rial Gerpe (de 1º da ESO) recibíu o primeiro premio de mans da alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, mentras que o seu homólogo de cuarto da ESO Álex Ameijeiras Grille recolleu a seguna distinción, entregada polo secretario xeral da Lingua, Valentín García. Pola súa parte, o director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán, fixo entrega do terceiro premio a Irene López Lago, estudante de terceiro da ESO do CPI courelao. Esta alumna acudíu respaldada tamén por compañeiros e compañeiras de estudo e por familiares, así como pola súa alcaldesa, Lola Castro.


Na mesa de autoridades estiveron ademais presentes o responsable de Abanca do Segmento Agro-Territorial de Pontevedra, César Carballo, e o presidente da Asociación

Feiral Semana Verde, José Luís Rodríguez. Entre o público houbo representantes da dirección de varios centros educativos da comarca, da Corporación trasdezá e do

mundo feiral, como o expresidente da Asociación Feiral e da Fundación Semana Verde,

José Maril, entre outros moitos.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O acto de entrega concluíu cunha comida de confraternidade a base de empanada, tortilla e lacón. O alumnado asistente aproveitou tamén para realizar un percorrido libre pola feira Semana Verde.


Tarxetas regalo e visitas a museos

Os premios repartidos pola Asociación Feiral Semana Verde consistiron en tarxetas regalo de 500, 300 e 200 euros para o primeiro, segundo e terceiro premio, respectivamente, para gastar en comercios de proximidade cunha caducidade de seis meses.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

O certame inclúe ademáis premios para os centros educativos do alumnado gañador, polo que o instituto de Santa Comba poderá disfrutar o próximo curso dunha visita guiada grupal con obradoiro no Museo Etnográfico Casa do Patrón de Doade (Codeseda- Lalín), outra ao Museo do Campo e da Mecanización (Silleda) e unha terceira ao museo do mel O Enredo do Abelleiro (Arzúa), ademais dunha entrada ao Mosteiro de Carboeiro (Silleda). Pola súa banda, o CPI lucense, gañou unha entrada grupal para coñecer o Museo do Ferrocarril de Galicia (Monforte de Lemos).


A Asociación Feiral traballa xa na convocatoria da terceira edición do certame, que este ano recibíu un total de 79 traballos de toda Galicia e contou co patrocinio da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra, da Fundación Semana Verde de Galicia e de Abanca. Tamén colaboraron co certame o Concello de Silleda, a Fundación Roberto Rivas, a Fundación do Campo Galego, as empresas Culinaria e Autocares Rías Baixas e os citados museos que formaron parte dos premios.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page