Morre un mozo nun accidente en Melide tras chocar contra o muro dunha casa
- ecosdacomarca

- 12 jun 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Un accidente con resultado mortal rexistrouse esta tarde na AC-840, en Melide. Ao fío das 17:00 horas, un condutor perdeu a vida despois de saírse da vía co seu turismo e bater contra o muro dunha casa en Zas de Rei. Tiña 20 anos e era veciño do concello de Vilasantar.

Así o explicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda. Segundo indicaron, a vítima podía estar atrapada no interior do vehículo xa sen constantes vitais, aseguraron. Efectivamente, coa chegada dos Bombeiros de Arzúa e dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiron a bordo dun helicóptero, confirmouse o falecemento do condutor. Igualmente, puideron comprobar que o poderían sacar do coche sen necesidade de empregar os equipos de excarceración.
Ao lugar do accidente chegaron tamén os axentes da Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil da localidade.







Comentarios