Monterroso, Palas, Lalín, O Pino, Melide e Cruces reciben axudas para bibliotecas e centros culturais
- Laura Moure

- hace 7 horas
- 2 min de lectura
Entre as accións que se sufragan inclúense os traballos de mellora de accesibilidade e condicións dos locais, a inauguración de novos centros e a adquisición de equipamento
Laura Moure/Silleda
A Xunta de Galicia colaborará con 39 concellos para impulsar a modernización e renovación de equipamentos culturais como centros socioculturais, auditorios ou bibliotecas. Así se recolle na resolución de axudas publicada no Diario Oficial de Galicia desta liña de subvencións dotada con 500.000€. Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa son beneficiarios os Concellos de Monterroso, Palas de Rei, Lalín, O Pino, Melide e Vila de Cruces.

Deste xeito, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude contribúe ao desenvolvemento e incremento da calidade da oferta cultural en concellos das catro provincias permitiron melloras en centros bibliotecarios, locais socioculturais, casas da cultura, salóns de actos e auditorios. Do cómputo dos proxectos cos que se colaborará, 19 sitúanse na provincia da Coruña, 6 na de Lugo, 7 na de Ourense e outros 7 en Pontevedra.
Mediante esta convocatoria, o Goberno galego axudará a sufragar gastos relativos á mellora da accesibilidade, mediante a instalación de plataformas elevadoras, e das condicións dos locais a través da reforma dos servizos enerxéticos ou de calefacción. Así mesmo, contribuirase á posta en funcionamento de novos centros e a mellora de equipamento das sales con accións como a instalación de butacas ou a compra de equipamento escénico, audiovisual, de iluminación e de son.
PUBLICIDADE
Das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa son beneficiarios:
Concello de Monterroso recibe 3.900 euros para a mellora da accesibilidade e equipamento da biblioteca pública municipal (BPM).
Concello de Palas de Rei recibe 12.900 euros para equipamento para a Axencia de Lectura Municipal.
Concello de Lalín recibe 11.100 euros para a creación e posta en funcionamento dunha aula de estudo 24 horas como anexo á biblioteca municipal.
Concello do Pino recibe 11.100 euros para a mellora da biblioteca pública municipal.
Concello de Melide recibe 8.600 euros para a subministración de equipamento escénico para o Centro Sociocultural Mingos de Pita.
Concello de Vila de Cruces recibe 14.700 euros para a accesibilidade Local Social de Brandomés.
PUBLICIDADE
Por outra banda, as entidades das comarcas que non recibiron ditas axudas por non acadar a puntuación mínima esixida son:
Concello de Boimorto para melloras da accesibilidade na casa da cultura
Concello de Silleda para mellora da instalación e equipamento da Biblioteca Daniel Castelao
Concello de Rodeiro para equipamento escénico no Centro Cultural Manuel Lamazares
Concello de Agolada para equipamento audiovisual integral para o Auditorio Municipal Manuel Costa
PUBLICIDADE
O Executivo autonómico responde así ao seu compromiso coa modernización e adecuacións deste tipo de infraestruturas en liña cos obxectivos do Plan de modernización das infraestruturas culturais públicas de Galicia ou en dos obxectivos da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia para permitir o acceso á cultura sexan cales sexan as circunstancias sociais, económicas ou demográficas.









Comentarios