top of page

Monterroso alberga hoxe unha charla informativa sobre a administración electrónica

Está incluída na nova acción da Subdelegación do Goberno para achegar todas as vantaxas da mesma aos cidadáns do rural


Ecos da Comarca/Monterroso

O Concello de Monterroso acolle hoxe, martes 29, ás 12:30 horas, no salón de actos de centro sociocultural unha xornada informativa, no marco do Plan de Achegamento da Administración á Cidadanía. Cabe mencionar que hai uns días publicamos unha noticia sobre que ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, asinou un convenio de colaboración co presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, para impulsar o proxecto de achegamento da Administración á cidadanía do mundo rural.


Esta colaboración entre a Administración Xeral do Estado (AGE) e a FEMP, a través do Plan A Administración preto de ti, servirá para achegar a Administración Xeral do Estado no Territorio á cidadanía, coa finalidade de facer efectivo o dereito de acceso a todos os servizos públicos dos cidadáns con independencia do seu lugar de residencia.

"É unha charla informativa para informar aos monterrosinos dos trámites e prestacións a axudarlles e orientalos para un mellor aproveitamento da Administración para combatir as brechas dixitais, territoriais e de xénero", explica o Concello.


NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page