Mobilizado o helicóptero do 061 a Toques debido a que unha persoa caeu dunha árbore
- ecosdacomarca
- 4 mar 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Toques

O 112 Galicia informa que unha persoa caeu dunha árbore este luns en Toques. O suceso ocorreu no lugar de Buxán (Paradela) escasos minutos antes das 16 horas. Foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Santiago por parte de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Publicidade
Precisamente, foi o persoal deste último organismo o que informou ao 112 Galicia, explicando que a persoa estaba subida a unha árbore da súa vivenda cando sufríu a caída.
Publicidade
Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse aos axentes da Garda Civil.
Comments