Minutos de silencio nas comarcas polo tráxico accidente de tren en Córdoba
- ecosdacomarca

- hace 2 minutos
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, presidiu hoxe o acto de memoria polas vítimas da traxedia ferroviaria acontecida a pasada noite en Adamuz (Córdoba) no que expresou as súas condolencias ás familias das persoas falecidas e a solidariedade coas persoas feridas neste sinistro. Concellos das comarcas tamén se sumaron á concentración das 12 horas en memoria das vítimas convocada pola Federación Gallega de Municipios y Provincias (FEGAMP) como por exemplo Boimorto, Melide, Lalín ou Silleda e outros mostraron as súas condolencias a través das redes sociais, como o caso de Touro.

Pedro Blanco expresou o recoñecemento aos servizos de emerxencia e a todas as institucións e persoas voluntarias que están a colaborar coa atención aos afectados polo sinistro. No acto participaron tamén o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

En sinal de dó pola traxedia e tras a declaración de loito oficial efectuada polo Goberno de España, as bandeiras de todos os edificios oficiais da Delegación e da Subdelegación na Coruña ondearán a media asta.

Publicidade

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado por membros do goberno provincial e traballadores da Deputación, tamén gardaron un minuto de silencio.
Segundo os últimos datos faleceron ao menos 39 persoas e hai 24 en estado grave debido ao descarrilamento este domingo dun tren de alta velocidade que acabo impactando despois contra outro que circulaba en paralelo. O tráxico suceso ocorreu á altura da
localidade cordobesa de Adamuz.
Publicidade
A Asociación SOS Desaparecidos informa que se habilitaron oficinas para que os familiares deste terrible sinistro poidan denunciar e aportar mostras de ADN para os labores de identificación.
#Huelva: Comandancia de la Guardia Civil, calle Guadalcanal 1, Huelva capital
#Málaga: Comandancia de la Guardia Civil, avenida Arroyo de los Ángeles, 44, Málaga capital
#Madrid: Zona de la Guardia Civil, calle Batalla del Salado, 32, Madrid capital
Dende o equipo de ECOS DA COMARCA tamén trasladamos as nosas condolencias ás vítimas e aos seus seres queridos e desexamos que os feridos se recuperen canto antes.








Comentarios