Mellora da seguridade viaria en Lamela, en Silleda
- ecosdacomarca

- 13 ago 2024
- 1 min de lectura
Transportes e Mobilidade colocou a petición do Concello unha zona cebreada na intersección da N-525 e o vial a Piñeiro para impedir estacionamentos que dificulten a visibilidade
Ecos da Comarca/Silleda
O Ministerio de Transportes e Mobilidade vén de acometer novas melloras da seguridade solicitadas no seu día dende o goberno municipal de Silleda. Así, pintouse unha zona de
cebreado con pivotes que impide o estacionamento nun pequeno tramo do arcén da N-525, xusto na intersección co vial municipal cara a Piñeiro.

“A presenza de vehículos estacionados neste punto dificultaba a visibilidade ás persoas condutoras que se incorporaba á nacional, co que esta medida virá a mellorar a seguridade, tal e como solicitamos no seu día ao Ministerio”, indica a alcaldesa, Paula Fernández.
Publicidade
A rexedora lembra que esta medida vén a completar outras peticións histórica como o cambio no pintado da N-640 á altura de Senra, en Escuadro, realizado nas últimas semanas.







Comentarios