Coincidide ademais co Mercamelide na Rúa, reforzando esta importante cita de dinamización comercial
Laura Moure/Melide
Melide prepárase para unha fantástica viaxe á Idade Media coa celebración dun Mercado Medieval que arranca hoxe ata o domingo,11 de agosto. As rúas da zona histórica da vila acollerán esta celebración que ofrecerá diversión para veciños e visitantes de todas as idades e suporá, xunto co Mercamelide na rúa que se celebra nas mesmas datas, un novo impulso de dinamización comercial e de lecer estival. O mercado e o conxunto de actividades e actuacións incluídos na programación celebraranse nos espazos da Praza das Coles e a Praza do Convento, así como as rúas do Convento e San Pedro, no corazón da zona vella.
Durante o horario de mercado haberá actividades, xogos e diversión para toda a familia. Habilitarase un recuncho infantil que abrirá e pechará as súas portas no mesmo horario
que o mercado. Os pequenos da casa poderán desfrutar de xogos de mesa. Ademais o
mestre Antonio ensinará a facer coroas de esparto, e haberá atraccións infantís. Como en
todo evento medieval que se prece, haberá actividades de tiro con arco que poderán
desfrutar cativos e non tan cativos.
Publicidade
As actividades darán comezo a partir das 6 da tarde de hoxe, venres 9, cando o Mercado abrirá as súas portas. Ás 18:30 horas arrincará o pasarrúas musical con Gálata, que dará paso ás 19 horas ao espectáculo “Froilán, un trasno moi traveso”. Ás 18:30 horas celebrase o espectáculo “Os alegres e coloridos bufóns co Bufón Rojo”. Ás 20 horas haberá unha nova actuación de gaitas e tambores con Gálata, antes do espectáculo “Gandulf, un peregrino moi peculiar” ás 20:30 horas. Ás 21 horas celebrarase un novo pasarrúas co Bufón Rojo, antes da actuación dun monxe moi traveso ás 21:30 horas, cando comezará o último pasarrúas do día con Gálata. Ás 22 horas as actividades péchanse coas sorpresas do Bufón Rojo.
Publicidade
O sábado 10, o mercado abrirá a partir das 11 da mañá, antes do pasarrúas das 11:30
con Gálata e da actuación ás 12 horas do traveso Froilán. Ás 12:30 horas celebrarase o espectáculo do Bufón Rojo cos nobres venecianos, acompañado por un novo pasarrúas
ás 13 horas e un paseo pola rúa dos bufóns canda o Bufón Rojo ás 13:45 horas. Froilán retoma o seu espectáculo dende as 14 horas.
Ás 14:30h celebrarase o xantar nas tabernas e cantinas. O mercado reabrira as súas portas ás 18 horas, antes da actuación ás 18:30 horas de gaitas, fanfarras e tambores con Gálata.
Ás 19 horas desfrutarase do espectáculo do ariete xigante, antes da Trupete de Luisete ás
19:30 horas. Ás 20:15 horas volverá actuar o Bufón Rojo coa Santísima Trindade, para as 20:45 horas desfrutar da actuación musical de Gálata que encherá o mercado de melodías alegres. Ás 21:15 horas volve actuar Gandulf o peregrino antes dun novo pasarrúas ás 21:45 horas e unha nova sorpresa, para pechar a xornada, do Bufón Rojo ás 22:30 horas.
Publicidade
O domingo 11, o mercado volve ás 11 da mañá. Ás 11:45 horas haberá un novo pasarrúas e ás 12:15 horas actuará novamente a Trupete de Luisete. Ás 12:45 horas será a quenda do Bufón Rojo, e ás 13:15h as melodías de Gálata encherán o mercado outra vez. A mañá rematará coa Trupete de Luisete ás 13:45 horas e o espectáculo de mendigos e bruxas co Bufón Rojo. Ás 14:30 horas será a hora de xantar nas tabernas e cantinas.
O mercado reabre á tarde dende as18 horas. Ás 18:30 horas actuará Gálata e ás 19 horas a Trupete de Luisete. O Bufón Rojo volve coas súas algarabías ás 19:30 horas, antes dun novo espectáculo de gaita e tambor con Gálata ás 20 horas e a última actuación da Trupete de Luisete ás 20:30 horas. Ás 21 horas celebrarase o paso á raíña co Bufón Rojo.
Publicidade
Finalmente, o mercado chegará á súa fin co pasarrúas de despedida con todas as compañías participantes ás 21:45 horas. Todos os horarios son orientativos e estarán suxeitos a posibles mudanzas polo clima ou pola afluencia de público.
O concelleiro de Comercio, Xosé Igrexas, amosouse confiado de que o Mercado Medieval sexa todo un éxito e atraia aínda máis visitantes a Melide coincidindo coa fin de semana
de importantes descontos en 21 comercios da vila adheridos ao Mercamelide na rúa. Máis información do Mercamelide no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/21-comercios-participan-no-mercamelide-na-r%C3%BAa-que-ser%C3%A1-do-9-ao-11-de-agosto
Comments