top of page

21 comercios participan no Mercamelide na Rúa que será do 9 ao 11 de agosto

Ademais, na presente edición, e como novidade, Melide recupera o seu Mercado Medieval


Laura Moure/Melide

O Mercamelide na Rúa celebrarase na fin de semana do venres 9 ao domingo 11 de agosto cun total de 21 comercios. O evento, organizado polo Concello en colaboración coa Asociación de Empresarias e Empresarios da Terra de Melide, consolídase así como un importante apoio á dinamización comercial do municipio durante os meses de verán. Ademais, na presente edición, e como novidade, Melide recupera o seu Mercado Medieval.

Os 21 comercios participantes na presente edición -tres máis ca na de 2023- ofrecerán, un ano máis, grandes descontos nun bo número de artigos durante toda a fin de semana, en horario de mañá e tarde. Os sectores aos que pertencen son diversos, incluíndo a moda, os electrodomésticos ou a xoguetería. Os distintos comercios participantes estarán identificados por un cartel.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Os comercios participantes son: Calzados Broz, Colorín Colorado, Creaciones MJ, Electrosán, Flor de Toxo, Goalkers, Magnin, Marvi, Mis Mejores Labores, M&M, Modas Alfonso, Perfumería Lyss, Romero Zapaterías, Sakho, Sarela, Sisuka, Sportmoda, Stardemoda, Sueños, Toysmaniatic e Tu Boutik.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Xosé Igrexas, concelleiro de Comercio, amosa a súa satisfacción polo crecemento no número de comercios participantes e adiantou que a actual edición do Mercamelide na rúa volverá ser un punto de inflexión positivo para o comercio local durante os meses vacacionais. 


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page