top of page

A loita conta a velutina leva colocadas 70 trampas no que vai de ano en Palas de Rei

Laura Moure/Palas de Rei

En Palas de Rei, rexistráronse en 2023 un total de 263 avisos por niños de Vespa velutina, mentres que no ano 2024 esa cifra baixou e contabilizaronse 74 avisos. No que levamos de 2025, xa se levan colocadas 70 trampas para facerlle fronte a esta especie invasora neste municipio, unha campaña que segue no resto de meses, tal e como informa o Concello.

A Xunta de Galicia presentou a nova campaña de Loita contra a Vespa velutina en todos os concellos de Galicia, da man de investigadores e tamén tendo en conta os sectores productivos tan afectados, como son os apicultores. "A loita contra esta especie invasora é cousa de todos, e por iso é precisa a coordinación entre todas as administración, sectores productivos afectados e a sociedade no seu conxunto", sinala o ente local.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Un dos eixes deste proxecto e o trampeo xeolocalizado, planificado e controlado para combater con máis eficacia este insecto. Este trampeo xeolocalizado, que atende a unha das principais demandas do sector, permite facer un seguimento e estudar a evolución cos datos recollidos.


Desde principios do ano a Xunta de Galicia xa está eliminando niños primarios (os primeiros que aparecen, nos meses de febreiro e marzo) que este ano debido a información que tiña a cidadanía procedeuse a retirar maior número, o que evita que se formen posteriormente os niños secundarios. Este Plan tamén ten integrado outros componentes como: charlas informativas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Lembrar que está a disposición da poboación en xeral o teféfono de Atención e Información á Cidadanía 012, no que se poderá notificar o avistamento dun niño de velutinas. Tamén se puxo en marcha un chatbot que está a disposición cidadáns as 24 horas do día os 365 días do ano, ó que poden acceder desde a páxina web www.xunta.gal/servizo-del-012


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page