Melide será o 7 de marzo o epicentro do Raid de Orientación co Campionato Galego 2026
- ecosdacomarca

- hace 35 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Melide será o sábado o epicendo do Raid de Orientación co Campionato Galego 2026. A proba foi presentada onte no Concello de Melide polo alcalde, José Manuel Pérez, a concelleira Ana Mosteiro, membros do Club Aromon Pontevedra e da Asociación Deportiva Cerne.

A carreira arrancará oficialmente ás 10:00 horas, momento no que os equipos se lanzarán a descubrir un percorrido deseñado para poñer a proba tanto a súa capacidade física como a súa pericia estratéxica. As persoas participantes terán ata as 18:00 horas para completar os controis de paso antes do peche de meta.
Publicidade
Actualmente hai 36 equipos federados confirmados. O prazo para os deportistas federados que busquen o título autonómico rematou onte.
PUBLICIDADE
Toda a información técnica e os detalles do evento están dispoñibles no portal oficial da Federación Galega de Orientación (FEGADO). A carreira poderá seguirse en directo a través da plataforma TracktheRace.








Comentarios