Melide reparte 20.000 manteis á hostalaría para promocionar a Festa do Melindre na Semana Santa
- ecosdacomarca

- hace 1 día
- 1 Min. de lectura
A cita festiva será o 9 e 10 de maio
Ecos da Comarca/Melide
O Concello de Melide vén de repartir entre os establecementos de hostalería e restauración 20.000 manteis de papel para promocionar a XXXIV Festa do Melindre e da repostaría tradicional, que se vai celebrar na vila os días 9 e 10 de maio.

PUBLICIDADE

O Goberno local xa levou a cabo a entrega deste material promocional co que agarda, ao longo de toda a Semana Santa e do mes de maio, animar ás persoas que se cheguen a Melide a que volvan para unha das citas máis doces do ano.
Publicidade








Comentarios