Melide comezou os traballos para mellorar a pavimentación e seguridade en Santalla de Agrón
- ecosdacomarca

- 10 jun
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Melide
O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, achegouse onte ata Santalla de Agrón, onde veñen de comezar os traballos para mellorar a pavimentación e seguridade viaria.

PUBLICIDADE
A actuación forma parte do conxunto de obras que se van acometer no núcleo de Corral de Medio (Santalla); Piñeiros, Baltar, Camiño da Costa e Pista de Piñeiros; Mirce, (Moldes) e Marrás (Maceda) e teñen un valor de 305.000 euros.
PUBLICIDADE
Esta actuación supón, tal e como indica o rexedor, “un investimento importante na zona rural do noso Concello, con intervencións que van permitir mellorar a seguridade viaria e favorecer o tránsito de varias vías que se atopan deterioradas e en mal estado e que precisan dun arranxo urxente".








Comentarios