top of page

Melide celebra o tradicional magosto o domingo 2 de novembro no Pazo de Congresos

Ecos da Comarca/Melide

O Concello de Melide convida a toda a veciñanza a desfrutar dunha nova edición do tradicional magosto. O evento celebrarase o vindeiro domingo, 2 de novembro, no Pazo de Congresos a partir das 17:30 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Dende esa hora, o espazo acollerá unha serie de xogos tradicionais cos que reivindicar esta celebración tan intimamente ligada á cultura galega. A partir das 19 horas, todas as persoas asistentes poderán desfrutar dunha degustación de castañas e chocolate.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Pechará a celebración a actuación de Leirabuxo, un conxunto melidao de música tradicional que conta xa cunha longa e celebrada traxectoria de quince anos. Neste tempo, deixaron pegada en festivais coma o de Pardiñas, o Festival da Luz, Son do Masma, a Festa do Melindre ou moitos outros eventos por toda Galicia.

ree

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page