Melide acolleu un roteiro guiado polo legado literario da vila
- ecosdacomarca

- hace 6 horas
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Melide

O Concello de Melide, a través da Concellería de Cultura, que dirixe Ana Mosteiro, e coa colaboración do Museo da Terra de Melide, organizou este sábado un roteiro guiado para descubrir o legado dos escritores e escritoras que naceron ou viviron na vila a través das placas conmemorativas situadas nas casas nas que residiron.
PUBLICIDADE
O percorrido estivo guiado por Cristina Vázquez e Xurxo Broz, do Museo da Terra de Melide, e contou coas intervencións dos familiares das persoas homenaxeadas e da escritora Inma López Silva.
PUBLICIDADE
A actividade deu continuidade á iniciativa 'O Melide das Letras' posta en marcha con motivo das Letras Galegas 2026, coa que o Concello de Melide rende homenaxe a estas figuras, preservando a súa memoria e poñendo en valor o seu legado literario e cultural.








Comentarios