Melide acolleu onte a entrega do Premio Vicente Risco de Ciencias Socias
- ecosdacomarca
- 16 oct 2022
- 1 Min. de lectura
A obra gañadora foi Liberdades antigas, tempos modernos: o republicanismo de Castelao de David Rodríguez Rodríguez
Ecos da Comarca/Melide

O Centro Sociocultural Mingos da Pita de Melide acolleu onte a entrega do Premio Vicente Risco de Ciencias Socias. "Estamos ante un dos premios máis importantes (tal vez o máis importante) das Ciencias Sociais de Galicia, un premio consolidado e referente no panorama cultural galego", recalcou o Concello.
A obra gañadora foi Liberdades antigas, tempos modernos: o republicanismo de Castelao de David Rodríguez Rodríguez, autor referencial do pensamento político galego na actualidade.
Comentarios