Melide acollerá unha xornada sobre a diversificación da produción con especies madeireiras e de froito
- ecosdacomarca

- 6 dic 2025
- 1 Min. de lectura
Será o 11 de decembro e está organizado pola asociación Frouma co financiamento da Deputación da Coruña e a colaboración do Sindicato Labrego Galego
Ecos da Comarca/Melide
Chega o ciclo de xornadas gratuítas ‘Alternativas produtivas nos montes: produción de alimentos’, organizado pola asociación Frouma co financiamento da Deputación da Coruña e a colaboración do Sindicato Labrego Galego, que terán lugar durante este mes de decembro. Nas comarcas haberá unha sesión en Melide.

1. CULTIVO E PRODUCIÓN DE CASTAÑA. 11 de decembro (Ordes)
2. DIVERSIFICACIÓN DA PRODUCIÓN CON ESPECIES MADEIREIRAS E DE FROITO. 11 de decembro (Melide)
Publicidade
3. CULTIVO E PRODUCIÓN DE CASTAÑA. 12 de decembro (Teixeiro)
4. SANIDADE APÍCOLA. 16 de decembro (As Pontes de García Rodríguez)
5. SANIDADE APÍCOLA. 20 de decembro (Noia)
Publicidade
+ Info e inscricións: 608 175 565 e https://forms.gle/STs1WoF1mLJJx4yX6








Comentarios