top of page

Melide acolle hoxe unha das mobilizacións para reclamar o fin do conflito en Oriente Medio

Está convocada pola plataforma PararLaGuerra


Ecos da Comarca/Melide

A vila de Melide acollerá hoxe, venres 24 de abril, unha das mobilizacións convocadas pola plataforma PararLaGuerra en todo o Estado para reclamar o fin do conflito en Oriente Medio e manter viva a denuncia da situación en Gaza.

A concentración celebrarase ás 20:00 horas na Praza do Cantón de San Roque, sumándose así ás preto de 180 mobilizacións previstas entre os días 24 e 25 de abril en distintas localidades do país baixo o lema: “Debemos deter a guerra en Oriente Medio e non esquecer Gaza”.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Segundo sinala a plataforma convocante, esta nova xornada de protestas chega nun momento especialmente delicado, no que, malia a prórroga do alto o fogo, a situación continúa a deteriorarse. Dous meses despois do inicio da escalada bélica, a tensión internacional segue aumentando e persisten factores de risco para a estabilidade da rexión. Entre eles, destaca a continuidade do bloqueo do Estreito de Ormuz e a recente captura de dous barcos por parte de Irán.


Ademais, PararLaGuerra publicou recentemente un manifesto de tres páxinas no xornal El País, no que recolle centos de apoios de profesionais da cultura, persoas vinculadas aos medios de comunicación e representantes de movementos sociais, políticos e laborais, tanto do ámbito estatal como internacional.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A convocatoria en Melide pretende sumar a voz da veciñanza da comarca a este chamamento global pola paz e pola fin inmediata da guerra.


Máis información: https://pararlaguerra.es/



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page