top of page

Medio Rural salienta en Lalín a importancia dos castiñeiros na conservación da riqueza forestal

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, asistiu a unha xornada técnica sobre o castiñeiro organizada pola Asociación Galega das Castañas e dos Soutos en Lalín


Ecos da Comarca/Lalín

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, asistiu onte a unha xornada técnica sobre o castiñeiro organizada pola Asociación Galega das Castañas e dos Soutos en Lalín. Nela, destacou a importancia dos soutos de castiñeiros na conservación da riqueza forestal de Galicia.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Neste sentido, desde a Consellería do Medio Rural apóstase por este tipo de plantacións e por iso estase a desenvolver o Programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña, enmarcado no Plan Forestal de Galicia 2021-2040. A través deste programa estase a traballar con instrumentos como as agrupacións forestais de xestión conxunta para impulsar os soutos, pero tamén se conta con axudas como as destinadas para a plantación de castiñeiros para froito e a mellora de soutos tradicionais.


A maiores, este ano convocáronse cun orzamento de 15 millóns de euros para o período 2026-27 as axudas de silvicultura, que dispoñen dunha liña específica dirixida á rehabilitación de soutos tradicionais.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page