top of page

Medio Rural regula o uso de maquinaria no período de alto risco de incendio

O obxectivo é continuar cos traballos con maior seguridade nas horas centrais do día


Laura Moure/Xeral

A Consellería do Medio Rural publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que se regula o emprego de maquinaria agrícola durante o período de alto risco de incendio (do 1 de xullo ao 30 de setembro), e para o caso de cando o IRDI sexa moi alto ou extremo. A través desta orde concrétase e desenvólvese a normativa autonómica e estatal actual e búscase facilitar os traballos que sexa necesario seguir levando a cabo durante esta época, ao mesmo tempo que se achega maior seguridade e prevención nos mesmos ás persoas que empregan esta maquinaria.

Deste xeito, permítese a realización de actividades de carácter preventivo, silvícola ou agrícola que requiran a utilización de maquinaria dentro dos terreos forestais e as súas zonas de influencia, nos termos e coas recomendacións establecidos na actualización do Pladiga 2026, que detalla unha serie de recomendacións no capítulo do plan preventivo. A maiores, no caso de ter que desenvolver estes traballos na franxa horaria entre as 12.00 e as 18.00 horas, será preciso ter en conta dúas indicacións.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

En primeiro lugar, haberá que contar cunha persoa que poida exercer de observador para que, en caso de detectar algún posible conato, dea aviso de xeito inmediato aos servizos de emerxencia a través das canles telefónicas do 085 e o 112, ou mediante a aplicación móbil de ALume. En segundo lugar, tamén terán que dispoñer dun depósito de auga cunha capacidade mínima de 400 litros, un extintor de escuma con base de auga de polo menos seis quilogramos, dous batelumes e unha mochila extintora cunha capacidade mínima de 15 litros.


Prevención de incendios

Cómpre ter en conta que nos últimos dez anos se produciron 411 incendios forestais ocasionados por maquinaria, dos cales preto do 60% se concentraron na citada franxa horaria. A maiores destes lumes habería que sumar os non forestais, os agrícolas, que só no 2025 foron 30 entre o 1 de xullo ao 30 de setembro. 

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Polo tanto, o obxectivo desta regularización no período de alto risco, e en caso de IRDI moi alto ou extremo é, en definitiva, dar seguridade no uso desta maquinaria e favorecer a prevención da persoa que a use, que en último termo significa favorecer a propia prevención de incendios. É dicir, permítese a utilización destes aparellos, pero cunhas determinadas cautelas nas horas centrais do día.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page