top of page

Medio Rural permitirá a partir de mañá as queimas agrícolas e de restos forestais amoreados

Os interesadas deberán confirmar que efectuarán unha queima de restos agrícolas, e no caso de efectuar o trámite chamando ao 012, deberán dar conta tamén disto por teléfono


Ecos da Comarca/Xeral

A Consellería de Medio Rural reactivará a partir de mañá, xoves 23, as comunicacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares na nosa comunidade, así como as solicitudes de autorización para as de restos forestais amoreados.

No caso das queimas agrícolas, os que soliciten un novo permiso mañá, tendo en conta que a comunicación debe efectuarse sempre con dous días de antelación segundo a normativa, poderán levar a cabo a queima a partir deste sábado, 25 de abril.


Estas comunicacións poden realizarse a través da web específica ou chamado ao 012. Como viña sendo habitual, os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha queima de restos agrícolas procedentes de explotacións. No caso de efectuar o trámite chamando ao 012, deberán dar conta tamén desta circunstancia por teléfono.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A maiores, tamén se retomarán a partir de mañá as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais amoreados. Neste caso e como vén sendo habitual, cómpre contar con autorización administrativa, dado o maior risco da actuación.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Cabe engadir que as comunicacións e autorizacións de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural son posibles de acordo co establecido no artigo 34 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén está a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para favorecer a comunicación. Tanto as comunicacións como as autorizacións deixarán de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page