top of page

Medio Rural esxie ao goberno central incrementar os controis de fronteira ante o acordo UE-Mercosur

A conselleira do Medio Rural insistiu na necesidade de que o Goberno central defenda de xeito férreo as cláusulas de salvagarda, unha cuestión irrenunciable para a Xunta


Ecos da Comarca/Xeral

A Xunta de Galicia esíxelle ao Goberno central que se incrementen os controis fronteirizos e que expoñan as medidas que se van implantar ante o acordo entre a Unión Europea e Mercosur. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural e no Consello Consultivo de Política Agrícola. A titular de Medio Rural reafirmou de novo que a Xunta de Galicia "vai seguir traballando para defender os intereses dos agricultores e gandeiros galegos ante o acordo entre a Unión Europea e Mercosur, que está a preocupar e a causar incerteza entre os traballadores do sector primario". Así mesmo, insistiu na necesidade de que o Goberno

central defenda de xeito férreo as cláusulas de salvagarda algo que, como concretou a

conselleira, é unha liña vermella que non pode cruzarse.

Concentración contra o acordo. Fonte: Elas Eles.
Concentración contra o acordo. Fonte: Elas Eles.

Gómez incidiu en que calquera produto que entre en España debe cumprir os mesmos

requisitos sanitarios que aqueles que se elaboran dentro do noso país e da Unión

Europea. Por iso mesmo, demándase un plan específico de control para reforzar as

inspeccións na fronteira. Por parte da Xunta, tal e como se dixo publicamente en varias

ocasións, incrementaranse os controis en Galicia, pero é necesario que este labor vaia

acompañado dun reforzo das inspeccións fronteirizas, cuestión que é competencia do

Goberno central.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA


Máis fondos para a PAC

No marco das negociacións da PAC ao abeiro do novo Marco Financeiro Plurianual 2028- 2034, María José Gómez instou a que o anticipo dos 45.000 millóns anuais propostos pola

Unión Europea sexa dirixido directamente ao sector primario. Ademais, solicitouse tamén

que o Goberno central destine á PAC o orzamento denominado Obxectivo Rural, é dicir, o

10% da dotación do fondo nacional asignado.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Cómpre lembrar que Galicia leva defendendo en reiteradas ocasións que a proposta da futura PAC posterior a 2028 é lesiva para o sector primario galego, xa que implica un importante recorte de fondos e a perda dos piares actuais e diferenciados que non só

garanten as axudas directas, senón tamén as partidas para o desenvolvemento rural.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Xa para rematar, a conselleira lembrou as demandas xa realizadas ante o Ministerio pola situación provocada pola dermatose nodular contaxiosa, pedindo que se rebaixe o nivel da

categoría da enfermidade e que se desenvolva unha vacina marcada que poida administrarse de xeito preventivo, entre outras cuestións.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page