Medio Rural destina 150.000 euros á mellora de 1,8 quilómetros de viais municipais en Lalín
- ecosdacomarca

- hace 24 minutos
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Lalín

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, acompañada polo alcalde de Lalín, José Crespo, visitou onte este concello, onde veñen de acometerse traballos de mellora en tres camiños de titularidade municipal. De xeito concreto, actuouse en zonas das parroquias de Santiso, Méixome e Vilatuxe. As obras abranguen un total de 1,8 quilómetros e contaron cun investimento de 150.000 euros.
PUBLICIDADE
Os traballos permitiron mellorar o firme das vías de comunicación obxecto destas actuacións. Ao mesmo tempo, tamén se realizou a limpeza de superficies e cunetas,
outras obras complementarias e a instalación de sinalización.
PUBLICIDADE
Neste sentido, reafirmou a aposta do Goberno galego pola mellora das infraestruturas nas
zonas rurais. Neste senso, lembrou que a Consellería destina este ano 19 millóns de euros
ao Plan Camiña Rural para que os concellos poidan acometer este tipo de actuacións de
ampliación ou mellora dos camiños que formen parte da rede viaria de acceso a unha ou a
varias entidades de poboación.








Comentarios