top of page

Medio Rural convoca achegas para o fomento das razas autóctonas dotadas con 270.000 euros

As persoas interesadas en solicitar estas achegas terán un prazo dun mes para facelo, a partir do día 5 de xaneiro


Ecos da Comarca/Xeral

A Consellería do Medio Rural publicou onte, 2 de xaneiro, no Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria das axudas para o fomento das razas autóctonas, que contan cun orzamento de 270.000 euros. Estas achegas van dirixidas ás asociacións de criadores das razas gandeiras autóctonas galegas e que desenvolven actuacións destinadas ao seu fomento.

ree

O obxectivo desta partida é aumentar a rendibilidade das explotacións galegas, a súa viabilidade e o nivel de vida dos gandeiros. Do mesmo xeito, con elas procúrase modernizar este eido nas vertentes xenéticas, sanitarias e de produción animal ao tempo que se mellora a eficiencia dos sistemas produtivos e da calidade das producións. Por último, a través deste investimento contribúese tamén a optimizar a utilización das oportunidades e dos recursos dispoñibles.


Poden beneficiarse destas axudas as organizacións ou asociacións de criadores de razas autóctonas galegas que estean oficialmente recoñecidas para a xestión do Libro ou Libros Xenealóxicos do marco do Programa de Cría.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Neste sentido, serán subvencionables os gastos derivados da creación o mantemento destes libros xenealóxicos, así como aquelas actividades que deriven do desenvolvemento do programa de cría oficialmente recoñecido para cada raza, no que se recollerán as actividades destinadas á conservación in situ da mesma.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A través desta partida financiarase tamén o mantemento dos bancos de xermoplasma en centros autorizados oficialmente e as probas destinadas a determinar a calidade xenética ou o rendemento do gando. As persoas interesadas en solicitar estas achegas terán un prazo dun mes a partir de hoxe, 3 de xaneiro.


Ligazón á orde no DOG:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page