Medio Rural anuncia no magosto do PP agoladés que "dúas parcelarias están a piques de publicarse"
- ecosdacomarca

- hace 10 horas
- 2 Min. de lectura
O presidente provincial, os conselleiros Román Rodríguez e María José Gómez e os deputados Juan Bayón e Raúl Santamaría arrouparon ao populares nesta cita, á que asistiron case 200 persoas
Ecos da Comarca/Agolada
“Cando o pobo de Agolada queira terá unha gran alcaldesa en Carmen Seijas e un magnífico goberno local co Partido Popular e o equipazo que temos en Agolada. Estase traballando moi ben e con moita seriedade e cremos que, máis pronto que tarde, os veciños decidirán apostar polo sentidiño despois de seis anos erráticos e dun experimento totalmente fallido”. Deste xeito, o presidente provincial e da Deputación de Pontevedra, Luis López, puxo o punto e final ao tradicional Magosto do PP de Agolada, que contou coa participación de preto de 200 veciños. A cita dos populares tamén contou coa presenza dos conselleiros Román Rodríguez e María José Gómez, dos deputados Juan Bayón e Raúl Santamaría, do alcalde lalinense e senador, José Crespo, e doutros voceiros e compañeiros da comarca de Deza.

A voceira municipal, Carmen Seijas, amosou o seu agradecemento ao partido e aos moitos cargos que se achegaron ata Agolada e, principalmente, aos veciños, que un
ano tras outro enchen este magosto, "que nesta ocasión celebrouse malia as dificultades interpostas polo alcalde, xa que rexeitou todas as súas peticións de emprazamento e tamén lles impedíu o uso dos baños ou da conexión eléctrica". “Por moitas dificultades que nos poña dun xeito infantil e vingativo, o PP de Agolada é moito máis forte ca el e seguiremos celebrando este encontro e reuníndonos para falar de Agolada, que é o que máis nos importa, por moito que lle pese”, sinalou a concelleira.
Seijas tamén quixo agradecer o respaldo, en forma de investimentos, que están arealizar tanto a Xunta como a Deputación “e que permiten que Agolada sobreviva e que se rescate aos veciños da nefasta xestión municipal e da nada máis absoluta que nos ofrece o actual goberno local”.
Na xuntanza tamén interviñeron o conselleiro de Educación que, ademais de valorar o traballo de Carmen Seijas e do PP local, puxo en valor o forte investimento realizado polo seu departamento, de máis de 700.000 euros, para acometer a reforma integral do colexio.
Publicidade
Así mesmo, a responsable de Medio Rural tamén acudíu cunha boa nova, xa que anunciou que as dúas primeiras concentracións parcelarias están a piques de publicarse, mentres que a terceira leva un pouco máis de retraso administrativo, pero recalcou que “son un compromiso que non vén de agora nin se fai por presións, posto que ten un traballo administrativo moi longo e complexo”.







Comentarios