top of page

Medio cento de atletas de Deza participou no primeiro Xogade desta tempada

O Club acadou boas marcas para a participación en futuros campionatos


Ecos da Comarca/Deza

O Club Escola Atletismo Deza consegue levar 50 atletas ao primeiro Xogade de atletismo desta tempada, que tivo lugar en Pontevedra. Ata alá foron deportistas das categorías sub 10, sub 12 e sub 14.

Foi unha xornada completa, na que os/as atletas puideron participar en diferentes disciplinas: carreira de velocidade (50, 60 ou 80 metros, en función da categoría), salto de lonxitude, salto de altura, lanzamento de peso e lanzamento de xavelina. "Dende o Club Escola mostramos a nosa satisfacción, xa que a maioría dos/as deportistas acadaron unha boa marca para poder acceder aos futuros campionatos".

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Esta cita serviu tamén de contacto coas probas ao aire libre e, para algúns/as, para ter unha primeira experiencia en competicións. Ademais, o Club acadou unha das maiores cifras de participación nunha proba.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page