top of page

Medela lamenta que Crespo "intente agochar os seus enganos e incumprimentos masivos en Vilatuxe"

"Fíxoo detrás dunha infografía, nunha estratexia propagandística idéntica á que -como el mesmo recoñeceu en Pleno- empregou na pasada campaña electoral coa `gran praza´"


Ecos da Comarca/Lalín

O responsable de Rural de Compromiso por Lalín, Miguel Medela, considera que as reunións que está a ter Crespo nas parroquias están sendo a constatación do “engano masivo” e do “abandono absoluto” ao que someteu á veciñanza do rural durante este

mandato. Di que “o exemplo máis claro disto é o encontro que mantivo en Vilatuxe esta

semana”. Miguel Medela afirma que alí o actual rexedor “quixo esconder o seu incumprimento absoluto coa parroquia detrás dunha infografía, nunha estratexia propagandística idéntica á que -como el mesmo recoñeceu en Pleno- empregou na pasada campaña electoral coa `gran praza ́”.

Con todo, o concelleiro de CxL lémbralle ao PP que a ampliación do Auditorio era o primeiro punto do seu programa electoral para este mandato pero que, a 80 días de rematar, non existe constancia algunha nin de partida orzamentaria nin de xestións con outras administracións para poder acometer esta iniciativa. Recorda que a falta de compromiso con esta ampliación “quedou retratada este mesmo mandato”, cando o Partido Popular votou en contra en Pleno da moción de de CxL para mercar outra das parcelas anexas ao Auditorio para a súa ampliación. “Agora, e como sempre tarde,

véñennos a dar a razón nas nosas demandas”, afirma.


Porén, Medela incide en que “o único certo a día de hoxe é que esa ampliación non está feita e que a Crespo so lle queda o “triste recurso” de realizar anuncios sobre anuncios do que non fixo pola súa incapacidade de xestión económica e política. Advirte de que, “a este paso, o programa electoral do PP vai desprender un desagradable cheiro a rancio, tendo en conta que estivo esquecido no fondo dun caixón durante catro anos”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

De feito, Medela aconséllalle á concelleira Raquel Lorenzo que o repase antes de realizar

afirmacións “dunha candidez case entrañable”, como que o PP cumpriu a maioría das peticións veciñais. Tal vez o problema é que á “edil delegada da área de Vilatuxe” "nin sequera reside na parroquia e está máis preocupada de que saian determinados contratos nas actas das Xuntas de Goberno que da nova depuradora ou dos accesos e dos saneamentos para as aldeas".





Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page