top of page

Mapeco, a creadora asturiana cunha ampla traxectoria internacional, pintará un mural en Touro

Será no edificio adxacente ao Consistorio


Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro continúa dando pasos na mellora da súa imaxe e na valorización do paso do Camiño polo municipio cunha nova intervención artística de gran impacto visual.

Nos vindeiros días, o edificio adxacente ao Concello converterase nun lenzo xigante para acoller un mural de grandes dimensións da recoñecida artista internacional Mapeco (María Peña Coto). A creadora asturiana conta cunha ampla traxectoria que a levou a desenvolver proxectos en cidades de todo o mundo, como París, Sicilia, México, Porto Rico, Etiopía, Brasil, Portugal, Londres, Nova York ou China, ademais de múltiples intervencións en distintas localidades españolas.

A súa obra caracterízase pola súa potente carga visual, o compromiso social e a capacidade de transformar espazos públicos en puntos con identidade propia, elementos que encaixan coa estratexia de Touro para modernizar e dinamizar o seu núcleo urbano.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Esta actuación será posible grazas ao acordo acadado cos propietarios do inmoble, aos que o Concello quixo trasladar o seu agradecemento pola colaboración e disposición amosada para facer realidade o proxecto.


O mural estará dedicado ao Camiño Holandés, integrado na ruta EuroVelo 3, tamén coñecida como a ruta dos peregrinos. A intervención pretende ofrecer unha benvida singular ás persoas que atravesan a capital municipal, ao tempo que contribúe a embelecer o entorno e reforzar a identidade local a través da arte contemporánea.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A iniciativa será financiada con fondos propios do Concello e enmárcase nas accións de posta en valor do territorio e promoción cultural.


 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page