Manuel Carbón substituirá a Ariadna Fernández no seu cargo de edil no Concello Lalín
- ecosdacomarca

- hace 17 horas
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
O Bloque Nacionalista Galego de Lalín quere agradecer a Ariadna Fernández todo o traballo desenvolvido nestes case 3 anos de andaina como concelleira no consistorio. "Valoramos positivamente o labor efectuado tanto como concelleira como Deputada no Parlamento galego, facendo chegar as demandas do noso concello, da comarca e das distintas áreas que atende na cámara".

O traballo no Parlamento Galego, apunta, "ao que agora se adicará ao 100%, de seguro redundará no beneficio de Lalín, da comarca e do conxunto da Galiza, continuando a ser levadas ao Parlamento, como caixa de resonancia, todas as demandas e necesidades da nosa veciñanza, traballo para o que contará co apoio da militancia do BNG de Lalín".
Publicidade
O novo ciclo que comezou coa renuncia de Francisco Vilariño Taboada a encabezar a lista do BNG para as eleccións municipais de maio de 2027 e dar paso a unha renovación necesaria, e que continuou coa elección de Mari Fernández como nova candidata co aval unánime da Asemblea Local do BNG de Lalín, "avanza agora coa decisión da que era a nosa concelleira en centrarse no seu traballo na cámara lexislativa galega".
O Consello Local do BNG informa que Manuel Carbón, número 3 da candidatura nas pasadas eleccións, será quen asumirá a acta. Carbón, de 44 anos, foi Responsábel local do BNG de Lalín durante 10 anos, unha persoa cun amplo coñecemento das necesidades do concello.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O BNG de Lalín continúa, así, na folla de ruta marcada polo Consello Local de traballar no camiño de renovar a candidatura coa que a organización nacionalista concorrerá ás vindeiras eleccións municipais, cunha unidade e cohesión interna plenas e traballando sempre coa vista posta nas necesidades da veciñanza lalinense.
Adiadna Fernández anunciou onte a súa dimisión: https://www.ecosdacomarca.com/post/ariadna-fern%C3%A1ndez-dimite-como-concelleira-do-bng-de-lal%C3%ADn







Comentarios