top of page

Máis dun cento de vehículos participou este sábado en Deza na marcha en defensa dos transportistas

Os gandeiros sumáronse cos seus tractores e percorreron as distintas rúas de Lalín e despois desprazáronse ata Silleda


Laura Moure/IsmaelRS/Deza

Os transportistas continúan loitando polos seus dereitos tras arrancar o pasado luns, 14 de marzo, un paro indefinido convocado pola Plataforma para la Defensa del Sector de Transporte de Mercancías por Carretera Nacional e Internacional. Este sábado ECOS DA COMARCA desprazouse ata a comarca de Deza onde tivo lugar unha marcha lenta. Lembrar que o pasado xoves estivemos con varios afectados no polígono da Madanela, en Melide, e demandaban o apoio de toda a sociedade, pero especialmente a dos gandeiros. E dito e feito: porque os gandeiros tamén saíron á rúa en Deza. Os camións estiveron acompañados de tractores e de turismos e recorreron as distintas rúas do casco urbano pasados uns minutos das once da mañá.

Autor: Ecos da Comarca.

Os afectados tamén sentiron o afecto de veciños e traballadores dos negocios que diante dos seus locais mostraron o seu respaldo.Tampouco faltaron os aplausos e incluso, na rúa Areal saíron cunha pancarta de apoio. Despois de recorrer as distintas rúas de Lalín decidiron emprender a marcha ata Silleda.

Á altura de Ponte Taboada todos os vehículos detivéronse, organizados polos axentes da Garda Civil de Tráfico, para atender a ECOS DA COMARCA. E alí, como se pode ver no vídeo, falamos con Daniel Taboada Vilariño, xerente de Excavaciones Daniel, de Goiás (Lalín) que foi unha das principais persoas que mobilizou a marcha deste sábado. De feito, Taboada coa súa pá era quen marcaba o percorrido a seguir diante da comitiva.

O que nos contaron os transportistas en Melide no enlace:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page