top of page

Transportistas en folga piden en Melide a implicación da cidadanía, en especial a dos gandeiros

Reivindican mellores condicións laborais que lles permitan chegar a fin de mes e aseguran que están secundando a folga de maneira pacífica


Laura Moure/IsmaelRS/Melide/Xeral

Laura Moure cos transportistas este xoves en Melide. Autor: Ecos da Comarca.

A Plataforma para la Defensa del Sector de Transporte de Mercancías por Carretera Nacional e Internacional convocou un paro nacional indefinido de todo tipo de transporte e de toda clase de ámbito, que arrancou o pasado luns,14 de marzo ás 00:00 horas. Hoxe tivo lugar a cuarta xornada e un número importante de estes profesionais secundan a folga dende diferentes zonas. Simplemente, defenden os seus dereitos e piden unhas condicións laborais dignas porque levan tempo recibindo paus por todos lados e chegar a fin de mes é máis que costa arriba. Séntense desprotexidos e discriminados dende hai tempo e a suba dos hidrocarburos nos últimas semanas aínda lles afectou máis ao seu día a día. Hoxe ECOS DA COMARCA trasladouse ata o polígono da Madanela, en Melide.

Baixo o lema Para no ganar, mejor parar son varias as reivindicacións que demanda este sector para mellorar as súas condicións de traballo e os motivos da folga son os seguintes:

  1. Non traballar por debaixo dos costes de explotación, "e para iso temos un bonito estudo de costes polo Ministerio", subliñan.

  2. Pago máximo a 30 días sen posibilidade de pacto en contra.

  3. Solicita un bo convenio nacional para que non haxa desigualdades en salarios dependendo da área xeográfica.

  4. Esixe que un profesional do volante se poida xubilar aos 60 anos. "A nosa profesión está considerada de alto risco", recalcan.

  5. "Que se nos recoñeza como enfermidades profesionais as derivadas da nosa profesión ao igual que os accidentes de tráfico cando desempeñamos o noso traballo".

  6. Seguridade e vixilancia por parte do Estado en áreas de descanso e polígonos industriais.

  7. Espazos acondicionados para condutores nos puntos de carga e descarga e poder satisfacer unhas mínimas necesidades de alimentación e hixiene.

  8. E eliminación da carga e descarga por parte dos condutores sen posibilidades de "salvo pacto en contra".

Hoxe en Melide falamos con varios afectados e isto é o que nos contan:



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page