top of page

López Campos visita en Vila de Cruces o equipo da película ‘Gloria e Olvido’ durante a súa rodaxe

A longametraxe da produtora galega Agallas Filmes recibe unha subvención de 320.000 € por parte do Goberno Galego para a súa produción, ademais doutra axuda previa para a posta en marcha do proxecto

Laura Moure/Vila de Cruces

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, compartiu onte unha xornada de traballo co equipo da película Gloria e Olvido, que desenvolve a súa rodaxe na aldea de Señorín, no concello de Vila de Cruces, con Paula Cons á fronte da dirección desta nova longametraxe da produtora galega Agallas Films. Durante a súa visita, López Campos coñeceu o estado de realización do proxecto, que conta cunha subvención á produción de 320.000 euros concedida pola Xunta de Galicia en 2025, ademais de recibir outra axuda previa en 2022 para a súa posta en marcha.

Escrita por Victoria Teijeiro e Paula Cons a partir dunha idea orixinal de Victoria Teijeiro, Gloria e Olvido é un thriller dramático inspirado en feitos reais, que fusiona ficción con contexto histórico. O título do filme responde aos nomes de dúas xemelgas que rexentan unha tenda de ultramarinos ás aforas dunha cidade galega. Alí aparece José Antonio, torturador da nai delas durante o final do franquismo. As irmás ven entón unha oportunidade perfecta para trazar un plan improvisado e buscar xustiza.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O trío protagonista está interpretado por Nuria Mencía, Antonio Resines e Victoria Teijeiro. Completan o reparto, entre outros nomes, Lucía Veiga e Alejandra Flechner.


Precisamente foi na recreación do ultramarinos realizada expresamente para gravar as secuencias principais onde tivo lugar a visita do titular de Cultura do Goberno galego, quen acudiu acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

López Campos aproveitou a oportunidade para intercambiar impresións cos responsables artísticos e técnicos da película, así como cos titulares de Agallas Films, empresa produtora xunto a Villamiseria AIE, Tándem Films e a portuguesa TAKE 2000. Gloria e Olvido estase a rodar en Galicia desde o pasado 11 de maio, onde seguirán os traballos ata o 13 de xuño para continuar despois a filmación en Porto (Portugal).

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page