top of page

"Luis Taboada vai ao CEIP despois da visita do BNG e cos deberes sen facer"

"O BNG si esta preocupado e xa ten visitado en varias ocasións o centro, presentado nos orzamentos da Xunta enmendas ao respecto, e no Concello escritos pedindo melloras que nunca se fixeron"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Este luns equipo de goberno de Vila de Cruces instaba á Xunta de Galicia a solucionar as deficiencias dos distintos centros educativos do municipio. Tamén demandou ao BNG que se sumara a esta causa, xa que é unha situación que xa ten denunciado a formación nacionalista. Hoxe o BNG responde e critica a demanda do equipo de goberno.

Reunión do BNG cunha das ANPAS.

"Taboada vai ao CEIP despois da visita do voceiro do BNG, Alex Fiuza, vai cos deberes sen facer, reclamando á Xunta o mesmo abandono que el ten co colexio de Piloño, e cos demais centros, xa que ao comenzo do mandato a propia ANPA rexistrou por escrito unha serie de demandas competencia do Concello, e que pouco se fixo", recrimina.


Ademais insiste en que "o BNG si esta preocupado e xa ten visitado en varias ocasións o centro, presentado nos orzamentos da Xunta enmendas ao respecto, e no Concello escritos pedindo melloras que nunca se fixeron".


O alcalde, Luis Taboda, solicitou ao BNG que lle presente un escrito para que el asine, co fin de que os deputados do BNG o presenten pedindo estas melloras á Xunta. "O grupo municipal do BNG levará estás propostas ao próximo Pleno e o alcalde poderá apoialas e envialas ao Parlamento Galego, e que non queden no caixón como todas as mocións que ten presentado o grupo nacionalista", anuncia e incide en que o Bloque de Cruces sempre estará para axudar e tratar de mellorar as infraestruturas e as condicións dos veciñ@s.


"Taboada á vez que asina ese documento para levar ao Parlamento, tamén pode asinar a renuncia á Alcaldía que está ocupando desde hai máis de un ano e que non lle corresponde", reitera.

E así mesmo lembra que a preocupación do BNG sobre os edificios e instalacións educativas vén de hai anos. " O de Taboada vese con claridade, que foi pola repercusión que tivo a visitas do portavoz nacionalista e a cercania das próximas eleccións municipais. Non só hai deixadez no mantemento por parte de Taboada e o seu Desgoberno, tamén dos demais membros do desgoberno que quedan en evidencia ao non acudir aos consellos escolares", espetan os nacionalistas.


Resposta ao PP polos eólicos

"O situación que está a vivir o país pola invasión dos proxectos eólicos, débese abordar dende un posicionamento firme, en apoio á veciñanza que os rexeita activamente, non se trata dunha competición entre forzas políticas a ver quen fai a mellor alegación. Trátase de paralizar un proxecto lesivo para Vila de Cruces e que hipoteca o seu futuro. E nesto hai que sumar forzas". O BNG levou ao pleno que o Concello se posicione e actúen institucionalmente, e dando apoio con persoal especializado para informar á veciñanza.


"Está ben que o PP se posicione nas Cruces, pero moito máis efectivo sería que se posicionase na Xunta. Se os proxectos eólicos a nivel autonómico non se iniciaran dende a Consellería do PP, desde a Xunta que eles gobernan, Otero non tería agora que entregar as alegacións. O PP é especialista en defender unha cousa en Galiza e outra en Madrid, tamén son quen de defender unha cousa ante os veciños e na Xunta defender os seus intereses propios e os dos seus amigos. Pero isto non se trata de quedar ben ante os veciños".


NOTICIA RELACIONADA:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page