top of page

Luis Taboada acusa a Jesús Otero de "usar diñeiro público para facer un galpón para un veciño"

O alcalde cruceño asegura que "o local social xunto a igrexa de Arnego está construído nun terreo privado"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces sinala que o alcalde, Luis Taboada, "está totalmente asombrado da forma de actuar Jesús Otero nos seus anos como alcalde. Cada día que pasa descóbrense novas irregularidades de difícil explicación", Explica que Taboada quería utilizar a casa social de Arnego como almacén provisional e descubriu "que esta casa social está construída nuns terreos particulares que segundo os datos obtidos pertence ao señor M.R. o cal o está utilizando como alpendre, onde garda as súas colleitas e forraxe".

ree

O rexedor "está indignado con esta situación" e encargarase persoalmente de aclarar isto, porque segundo Taboada, “de ser certo que Jesús Otero construíu unha edificación con diñeiro público en Arnego na leira do señor M.R. para o servizo en exclusiva deste veciño, e que figura como propietario da parcela onde está construída, non só e pouco ético e pouco moral senón que é ilegal", recalca e insiste en que "por este motivo atopámonos diante un asunto da máxima gravidade".

ree
Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

E subliña que Jesús Otero "terá que dar explicacións urxentemente de o porque se inviste o diñeiro de todos os veciños e veciñas de Vila de Cruces en favorecer o pedáneo, e construírlle unhas instalacións na súa leira, máis si cabe cando a filla de este home foi na lista da candidatura de Otero", algo que non tería importancia segundo o tenente de alcalde, Julio López. "Se fose casualidade, pero aquí apreciase que se están pagando favores cos cartos dos veciños e veciñas de Cruces", recalca.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Taboada adianta que si Jesús Otero non dá as explicacións pertinentes, acudirá aos tribunais para que o explique diante dun xuíz "o porque usou diñeiro público para beneficiar o pedáneo da parroquia de Arnego".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page