top of page

Luis Planas: "Debemos preservar a PAC como motor de construción e modernización de Europa"

O ministro insiste en que a próxima Política Agraria Común dispoña do mesmo nivel de financiamento que no período anterior, mediante un sistema claro e comprensible para os agricultores e gandeiros


Ecos da Comarca/Xeral

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, defendeu onte a necesidade de reconstruír a confianza do sector agrario europeo na Política Agraria Común (PAC) como condición imprescindible para garantir a competitividade, a seguridade alimentaria e o futuro do sistema agroalimentario europeo. “Debemos preservar a PAC como motor de construción e modernización de Europa”, remarcou Planas.

Planas participou onte no Consello extraordinario de Ministros de Agricultura da Unión Europea en Bruxelas, convocado pola Comisión Europea e o primeiro baixo a presidencia de Chipre. A reunión estivo copresidida polos comisarios de Agricultura e Desenvolvemento Rural (Christophe Hansen), de Comercio e Seguridade Económica (Maroš Šefčovič) e de Saúde e Política dos Consumidores (Olivér Várhelyi). Ademais, asistiu o presidente da comisión de agricultura do Parlamento europeo.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Na reunión, o ministro español salientou que “a confianza dos agricultores non está rota, pero si seriamente deteriorada, como reflicten as mobilizacións do sector”. Sinalou que a Visión sobre a Agricultura e a Alimentación presentada en febreiro e as propostas formuladas posteriormente foron percibidas polo sector como mensaxes contraditorias, “o que xerou incerteza”. Por iso, Planas insistiu en que a PAC debe volver situarse no centro da construción europea e reclamou que o sector dispoña, polo menos, do mesmo nivel de financiamento que no período anterior, mediante un sistema claro e comprensible para os agricultores.


O ministro tamén defendeu a simplificación da PAC como un elemento crave para recuperar a confianza do sector. Segundo sinalou, “a nova proposta resulta excesivamente complexa e require unha simplificación desde o seu deseño inicial”. Na mesma liña, en materia de sanidade agroalimentaria e transición cara á sustentabilidade, o ministro avogou por “un enfoque realista que combine altos estándares de calidade e seguridade; coa viabilidade económica das explotacións”.


España reiterou que os acordos comerciais “son globalmente positivos para os intereses europeos e contribúen á estabilidade do sector”, sempre que se desenvolvan en condicións de reciprocidade.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Por iso, Luis Planas defendeu a conclusión das negociacións en curso e a firma dos acordos xa pechados, en particular o acordo con Mercosur, “é unha oportunidade para o sector agroalimentario”. E salienta que "nun momento de demasiadas incertezas no comercio mundial, é necesario contar con algunhas certezas e Mercosur, que conta con mecanismos de salvaguardia para os sectores máis sensibles, vai ser un puntal para afianzar os nosos mercados exteriores".


E insiste en que España valora o regulamento de salvaguardias extraordinarias recentemente adoptado e reclama avanzar na protección do mercado interior, incluíndo a prohibición da entrada na UE de alimentos que conteñan fitosanitarios especialmente nocivos xa prohibidos no territorio comunitario, así como o reforzo dos controis en fronteira impulsado pola Comisión Europea. "Urxe avanzar na reciprocidade para esixir os mesmos requisitos de produción que na UE aos alimentos importados de terceiros países".

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Luis Planas instou á Unión Europea a abordar con urxencia o déficit estratéxico na dispoñibilidade de fertilizantes, tanto en volume como en prezo, como factor determinante para a competitividade e a autonomía estratéxica do sector agrario europeo.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page