top of page

Luis López: “Os veciños de Deza saben que o PP é o único partido que os escoita, entende e atende"

"E iso vaise notar nas eleccións municipais de 2027”, recalca o presidente provincial do PP de Pontevedra


Ecos da Comarca/Dezaz

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, puxo en valor "a confianza e o forte apoio electoral dos case 63.000 veciños das bisbarras de Deza e Tabeirós-Terra de Montes aos proxectos e liderados dos populares" nunha reunión de traballo celebrada na sede do PP de Lalín: “A xente dos oito concellos destas comarcas sabe de sobra que o noso partido é o único que os escoita, entende e atende e iso vaise notar, aínda con máis potencia, nas eleccións municipais de 2027”.

O tamén presidente da Deputación reuníu aos alcaldes, voceiros e concelleiros dos oito municipios, con José Crespo como anfitrión, para comezar a preparar os comicios locais do próximo ano e acudíu acompañado da secretaria xeral, Luisa Piñeiro; o deputado nacional Pedro Puy; o delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera; e o conselleiro e coordinador comarcal do PP no Deza, Román Rodríguez.

 PUBLICIDADE

Nesta xuntanza, Luis López chamou aos representantes do PP nestas dúas comarcas a “traballar arreo desde xa mesmo nas cuestións orgánicas e de partido, porque somos unha zona de referencia e porque nos xogamos moito nas eleccións municipais”, polo que certificou a receita que sempre funcionou e que pasa “por estar na rúa, colocar aos veciños como única prioridade e actuar coa máxima cercanía que sempre nos caracterizou”.


O presidente provincial deixou claro que nestas comarcas "hai dous modelos perfectamente visibles e contrapuxo a estabilidade, fortaleza e investimentos en obras e servizos propios dos gobernos de Lalín, A Estrada, Forcarei e Dozón coa febleza e leas internas dos executivos en minoría ou de forzas que perderon as eleccións en Silleda, Vila de Cruces e Rodeiro e co descabezamento e parálise de Agolada".

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

“En Silleda o socio do BNG, que apoiará ao PSOE se así o precisa, di que o goberno non é de fiar; en Vila de Cruces os integrantes do executivo están a abandonar o barco; en Rodeiro aparentan levarse ben pero non son quen de acordar uns orzamentos desde hai tres anos e logo non teñen cartos para arranxar as pistas; e en Agolada unha condena xudicial deixounos sen alcalde e os que quedaron non saben nin o que hai que facer. Está claro que son concellos cunha xestión francamente mellorable e aí temos que estar nós, con máis forza que nunca, para que nos outorguen a confianza necesaria para mudar esta situación desde as Alcaldías”, concluíu Luis López.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page