top of page

Lorenzana destaca o investimento da Xunta de máis de 22 M€ para a ampliación do polígono Lalín 2000

Avanza que a previsión é que as obras comecen a mediados do próximo ano para que os máis de 300.000 m² de superficie ampliada estean á disposición das empresas en 2028 


Ecos da Comarca/Lalín

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou este sábado que A Xunta vén de autorizar a licitación das obras de urbanización da cuarta fase do polígono industrial Lalín 2000, que vai permitir ampliar a súa superficie en case un 60 por cento cun investimento total de máis de 22 millóns de euros.

ree

Lorenzana, xunto co secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na IX Xuntanza Empresarial Aedeza. Alí avanzou que a previsión é que as obras, licitadas por 11,2 millóns de euros, comecen a mediados do próximo ano para que os máis de 300.000 m² de superficie ampliada, distribuídos en 42 parcelas, estean á disposición das empresas en 2028.


“Cando se trata de poñer máis solo industrial á disposición do tecido empresarial, que é no que estamos traballando a fondo na Xunta, é fundamental que todas as administracións rememos na mesma dirección”, dixo, para agradecer a disposición a colaborar amosada polo Concello de Lalín.


Segundo recoñeceu, “é unha obra histórica para Lalín e a Xunta non podía fallar; máis ben, fixemos todo o posible para acelerar ao máximo este proceso e que a cuarta fase se puidese facer toda dunha vez”, engadiu.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Na súa intervención ante as empresas premiadas nesta edición, Lorenzana tamén sinalou que a Xunta quere estar “ao lado de quen fai crecer as nosas vilas e cidades”, que  os pequenos empresarios que cada día se poñen á fronte do seu negocio, dixo. “Non se trata só de desenvolver políticas de captación de investimento industrial e grandes proxectos empresariais; trátase, tamén, de estar ao carón dos autónomos e das pequenas e medianas empresas, que son a columna vertebral do noso tecido produtivo”, asegurou.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Lorenzana indicou que a innovación, a internacionalización, a sustentabilidade, están na axenda de todo proxecto empresarial por pequeno ou grande que sexa. E, nese sentido, concluíu que a Xunta traballa para poñer á súa disposición as liñas de apoio axeitadas e os servizos da Oficina Económica de Galicia, no Igape, para calquera consulta que queiran trasladar.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page