top of page

Localizan na súa vivenda ao condutor dun coche accidentado en Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

Este martes produciuse un accidente de tráfico no municipio de Lalín. No mesmo viuse implicado un único coche, pero cando chegaron os servizos de emerxencias, non había ningúen no coche siniestrado.

O lugar do accidente. Autor: Emerxencias Lalín.
O lugar do accidente. Autor: Emerxencias Lalín.

"Ás 7:45 recibimos chamada do 112 por mor dun accidente. Un coche accidentado e abandonado no medio da estrada no lugar de Pena, na parroquia de Donsión", informa Emerxencias Lalín, que engade que a Garda Civil localizou o condutor na súa casa xa que se trata dun veciño da mesma parroquia. "É un home de 39 anos que foi trasladado polo 061 para exploración, pero que non presentaba signos de gravidade", puntualiza Emerxencias.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Ademais de Emerxencias Lalín, que procedu a axudar ao guindastre a retirar o vehículo e á limpeza da calzada eliminando o vertido de hidrocarburo que supoñía unha mancha perigosamente resbaladiza, tamén se desprazaron unha ambulancia do 061 e a Garda Civil de Tráfico.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page