Localizado sen vida José Ángel Reimóndez Vázquez, desaparecido en Silleda
- ecosdacomarca

- hace 7 minutos
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
A media mañá deste luns foi localizado sen vida José Ángel Reimóndez Vázquez, de 64 anos, veciño de San Miguel de Castro (A Estrada), pero que estaba na residencia da localidade de Silleda. Estaba en paradoiro descoñecido dende o pasado venres.

PUBLICIDADE
Foi onte domingo cando se deu a voz de alarma e se activou un dispositivo de busca.
PUBLICIDADE
As labores centráronse nos arredores da residencia. Pola tarde, participaron Protección Civil de Lalín e Vila de Cruces, Policía Local de Silleda e a Garda Civil, incluído o avión da Garda Civil.
PUBLICIDADE
Despois sobre as 20 horas da tarde tamén se uniron á busca os drons de Axega, pero o resultado saldouse sen éxito.
PUBLICIDADE
Foi este luns, sobre ás 9 horas, cando se reanudou o dispositvo de busca. O corpo foi localizado a algo máis dun quilómetro da residencia de maiores, no propio termo municipal de Silleda.
NOTICIA RELACIONADA:
Buscan a José Ángel Reimóndez Vázquez, de 64 anos, residente en Silleda: https://www.ecosdacomarca.com/post/buscan-a-jos%C3%A9-%C3%A1ngel-reim%C3%B3ndez-v%C3%A1zquez-de-64-anos-residente-en-silleda










Comentarios