O ferido foi evacuado en helicóptero ao centro hospitalario
Laura Moure/Silleda
O condutor dun tractor recibiu axuda dos equipos de emerxencias tras sufrir un accidente e finalizar atrapado nunha leira no lugar de Carballeda, no concello pontevedrés de Silleda. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos bombeiros do Deza, ao sufrir lesións de diversa consideración, o ferido foi trasladado ata o centro hospitalario de referencia a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.
O suceso ocorreu moi preto das doce da mañá deste mércores cando os profesionais sanitarios chamaron ao 112 para solicitar medios de excarceración para un veciño da parroquia de Taboada que quedou atrapado mentres manexaba o vehículo agrícola. Enseguida, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros do Deza e dos axentes da Garda Civil e da Policía Local.
Unha vez liberado, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento achegaron o ferido ata a aeronave de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que tomou terra nas proximidades do lugar do accidente.
ความคิดเห็น